Fai uns días volvín a ler na prensa sobre a pretensión do Ministerio de Ciencia de tentar facer voltar aos "cerebros" fugados ó estranxeiro. ¿Pero realmente cren que estas son as mentes brillantes que merece a ciencia neste país? Non fan máis que repetir, coma un mantra, iso da "fuga de cerebros", algo que é unha burda mentira.

Das dúas mentes máis brillantes que coñecín polo meu paso, xa fai anos, pola facultade, unha foi disuadida a facelo terceiro ciclo e a outra deixou a carreira e agora tenta sacala pola UNED. O problema do mundo da investigación en España non é a falta de bolsas, nen a falta de presuposto, o problema é que a universidade española está rexida polas regras da clientela, e non quere captar ós verdadeiros talentos. As mentes máis brillantes nunca acceden a facela tese precisamente polas cortapisas deste deleznable sistema de clientela, e se consiguen licenciarse, acaban no paro, sometidos nalgún caso a un brutal ostracismo académico, e sendo pacientes das unidades de saúde mental. Os que acceden ás bolsas de investigación son, na maior parte dos casos, os beneficiados deste sistema clientelar que xa dende os anos da licenciatura apuntalan o seu expediente cunha concesión sistemática de matrículas de honor deixando aos non apadriñados con meros sobresalientes. Xa que, por se non o saben, a concesión dos "premios extraordinarios fin de carreira" é unha auténtica fraude. Os investigadores que están no estranxeiro levaron no peto cartas de recomendación dos seus padriños e demáis amigos do círculo de clientela, non son, nen de lonxe, as mentes máis privilexiadas. As mentes máis privilexiadas están aquí, ignoradas, humilladas, sendo víctimas do ostracismo académico e moitas veces incluso perseguidas pola propia universidade que debería valorarlas. En España non hai "fuga de cerebros", hai ninguneo de cerebros para trunfo da mediocridade.

Recapaciten nisto.