O vello edificio da Casa do Pobo, máis coñecido como Casa Sindical inaugurada o domingo 15 de xullo de 1928, promovido dende Bos Aires polos emigrantes Manuel Puente Glez., José Pereira, Manuel Pereira, Mariano Rodríguez, todos de Oleiros; Francisco Ojea Aldir, Alxén; José Domínglez Glez., de Corzáns, e outos moitos, pagado cos donativos recadados pola "Sociedad Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires", fundada o 14 de agosto de 1921, presidida por Manuel Puente, socorridos polo seu representante en Salvaterra, Manuel Mariño Méndez, quen acabou sendo alcalde. Casa valorada en 100.000 pesetas da época.

O edificio vai pasar a ser sede da Casa da Cultura da Música para o cal o están acondicionado. Detrás delo están a Consellería de Cultura e Turismo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e o Concello de Salvaterra. A dirección da obra recae no arquitecto José Antonio Martín Curty.

Ate o de agora levan pintado o exterior, mudado as portas e xanelas, tirado o falso teito do andar superior, etc.. O da pintura vai en gustos, mudar nun edificio histórico as portas e xanelas de castaño por outras de aluminio non o vexo moi acaido, tirar o falso teito antigo podo entendelo polo mal estado en que estaba, pero o asombroso do asunto é que arrincaron os vellos enreixados de máis de 90 anos, especialmente os dos maineles dos grandes portalóns da entrada principal, enreixados feitos por ferreiros dos de aqueles tempos.

Na miña opinión, Sres. ciudadanos de Salvaterra, isto constitue a profanación de un edificio que debería ser tratado co respeito que se merece pola memoria dos nosos devanceiros que o construiron, algo que hai que tratar coa reverencia necesaria.

Espero e desexo que os responsables das obras rectifiquen e restituan ditos enreixados o lugar que lles corresponde. Non quero pensar que os tiren a chatarra ou os vendan o mellor postor.

Espero e desexo tamén que os partidos políticos que conforman a corporación municipal tomen cartas neste asunto.