O pasado día 5 tivo lugar no Clube FARO DE VIGO unha homenaxe a Bieito Ledo co gallo da publicación do seu libro "Cavilacións" ao que eu non puden asistir, por iso quérome insirir ao mesmo a través da sección Cartas ao Director.

Hai tres conceptos que desexo desenvolver e que puiden apreciar na lectura do libro. O primeiro é o amor do autor a freguesía de Padroso, en Xunquira de Ambía, o seu berce,como todas as aldeas formada por un grupo de casas, máis ou menos apiñadas, unha baiuca, onde se merca de todo e unha igrexa. Aló Bieito pasou os anos da súa neneza, embazándose do recendo tan peculiar da herba fresca e seca dos prados e do feno, onde percorreu soutos e piñeirais, gorentou da froitos dos enxidos, en fin disfrutou dunha freguesía que amosa xunto a unha austeridade soportada dun xeito estoico, un respecto aos costumes dun naturalismo crudo e ao mesmeo tempo bucólico propio dunha idade de ouro máis alo do ben e do mal.

Por iso e tantas cousas Bieito, malia percorrer moitos lugares, o seu corazón está e seguirá a estar en Padroso sentindo morriña, algo común a todos os galegos e galegas de boa lei, cando se atopan lonxe da terra.

O segundo aspecto a comentar é o amor que amoa aos seus país, lembrando frases do seu proxenitos, porén sobre todo o amor que experimenta cara a súa nai que sobarda todo o imaxinábel e a que cuidou con agarimo ata o derradeiros días da súa vida, nas mornas paredes do fogar e non arrumbada e calquera deses sitios faltos de calor e agarimo. Con iso non fixo máis que agradecer o amor co que tantas nais irrumpiron na vida galega das aldeas ás que rexiron con sabedoría e matriarcado. Isto é así porque dende o fondo do ser de Galicia todo se amosa baixo un tinte femenino. En terceiro lugar para axudalos e defendelos con dentes afiados cal xabarín, das inxusticias, lonxe dos hipócritas, e os zumezugas que nuncan faltan.

Estos son os tres aspectos a salientar no libro, tres ingredientes que non deben faltar endexamais nun xantar de amor.