Estou a observar con asombro a colocación por parte do Concello de Vilagarcía de uns semáforos para facer de sentido único a carretera que une Vilaxoán con Vilagarcía, todo por levar acabo o Paseo Marítimo.

Quero recordar que estamos a falar da única vía de acceso "decente" para a entrada e saida do noso pobo, arguméntase que e unha estrada moi perigrosa pero na curva de Ferrazo temos a barandilla tumbada fai meses por un accidente e nadie fai nada, que vai ser unha proba e si os veciños non queren non se levará acabo o paseo, non sei si farán un referendum ou pasarán porta por porta a preguntarlle a cada un, pero penso que tras a publicación das fotos do proxecto na prensa estamos no típico "divide e vencerás" para facer o final o que queremos.

Escribo esta carta para decirlle que personalmente estou en contra, salvo que o que se pretenda sexa o aillamento do noso pobo definitivamente, aillamento que se produce dende que nos "roubaron" o Concello a la polo ano 1913, deberíamos tratar de recuperalo.

Recordarlle ao Concello que o proxecto do paseo data do ano 1995, cando ainda podías ir pola beira do mar cara a Vilagarcía sin tanta Depuradora con emisario submarino que bota "merda" no sentido literal da palabra na ensenada da Playa de Canelas, nin existían os recheos en Ferrazo nin Cefricos e Nidales que fan o traxecto do maís "aromático", posteriormente no ano 2007 o Congreso dos Diputados instaba ao Goberno a execución do debandito Paseo, proyecto que transcurría por detrás da antigua Depuradora de Pipla, antes de que non se sabe moi ben como, agora atopamos un muelle e piscinas privadas.

Creo que temos que decir "Basta xa", levamos mais de 20 anos esperando e agora aparecen estas prisas de repente, tranquilo señor Alcalde, podemos seguir esperando un pouco mais, primeiro abra un acceso decente para o noso pobo, si pode ser ben señalizado co noso nome Vilaxoán, si lle sirve de suxerencia tiñan un proxecto de uns edicificios na finca onde din os vellos que estaba o antiguo cine ao carón do noso desaparecido Concello que uniría a carretera xeral con saida na zona do Centro Social unha rua de menos de cen metros que cunha rotondiña na xeral uniría porfín o noso pobo de forma digna ca carretera xeral, míreo por favor, acadaríamos un acceso decente ao pobo e entón faga se quere o Paseo con unha carretera de sentido único, si non e posible seguro que atopara mais opcións, querer e poder, que nos diría fai uns anos que podríamos ter un acceso a Vilagarcía con catro carris, con Centro de Vela, nave para Fitness, carril bici, vía do tren e aparcamento en batería.

Por certo, formo parte de unha xeración de xente de Vilaxoán no que a maioría dos meus amigos da infancia tiveron que emigrar a outros lugares por falta de vivenda, moitos andan por Vista Alegre, O Piñeiriño, ou donde puderon ¿para cando unha revisión do PXOM que permita edificar nas antiguas fábricas?, edificios en ruinas a pe de playa como o de Costas e Miñan, a Atlántica ou mesmo a de Pita, naves en ruinas a pe de playa, uns edicificios con sentidiño e poucas alturas que permitan "replobar" e dar vida ao meu pobo, creo que non e moito pedir.

Resumindo Si ao Paseo, pero cando teñamos solucionado un acceso ao pobo en condicións, podemos esperar.