Desafiante, a casa do Francés érguese orgullosa na travesa da Esperanza, Vigo vello. A residencia do gobernador Chalot durante a estadía francesa agarda unha placa con historia. Só as luces marelas na noite xogan co silencio entrecortado polo bo ambente da plaza Eduardo Chao. O lado existía un mercado de verduras do que aínda non hai recordo. Agarda Almeida algunha mención na súa plaza. Tamén o espera o estudo do xenio Carlos Maside en plaza Almeida. Na rúa Oliva existe un tramo de vía romana visitable pero sin sinalar. Non hai constancia dos antigos nomes da plaza da Constitución e da Princesa, unha infanta de Isabel II. Vigo ten plaza da Leña, da Verdura e do Peixe coma Pontevedra. Plaza de Argüelles, gran político, e Calatrava son posteriores. Non estaría de máis poñer os dous nomes nas placas para recuperar o Vigo histórico. Quizáis na próxima festa da Reconquista