Hai que viaxar, aínda que sexa cerca, e ver e valorar, dende a nosa sensibilidade, a chea de fermosura que temos diane de nós á que as veces deixamos pasar sen case decatarnos dela. I é tamén verdade, cada vez menos, que teñen que vir os de fora para que poñamos en valor e coidemos o noso patrimonio artístico como se merece.

Unha destas maravillas témola tan perto de nós que alomenos unha vez tódolos vigueses deberíamos ila ver.

Esta obra fermosa non é outra que o famoso cruceiro de Hío, no concello de Cangas. Eu xa a vira en fotografías pero xa non me lembraba da súa beleza.

Teño que recoñecer que é unha auténtica preciosidade. Representa o descendemento do corpo de Cristo morto na cruz, pero están tan ben elaboradas as dúas figuras subidas nunha escada das que se ven a metade dos corpos doblados pola parte de detrás, mentres por diante van baixando a modiño o corpo de Cristo apoiados no brazo transversal da cruz coa axuda dunha sábana enroscada ós brazos do morto. Verdadeiramente que impresiona o realismo co que o autor para min descoñecido executa de xeito inmellorable.

Tan só haille que pór un pero á fermosa peza escultórica i é o verdín que cobre parte da mesma e impide disfrutala en todo o seu apoxeo. Por iso, dende este xornal, que é o noso FARO, quero dirixirme "a quen corresponda" para que se subsane este pequeño atranco, moi doado de arranxar por xente capacitada e coas debidas garantías.

As veces penso que á Igrexa, á que tanto se critica con razón ou sin ela, tamen deberíamoslle agradecer o enorme legado artístico que ó longo de séculos foi amasando, deixándonos entre moitas cousas boas, catedráis, mosteiros, esculturas, tallas,? e tamén cruceiros, entre os que ocupa un sitio de privilexio o cruceiro de Hío.

Estas obras son, ademáis auténticas fontes de riqueza grazas ós visitantes que se achegan a velas e disfrutalas, e crean moitos miles de postos de traballo dos que tan necesitados andamos.