O pasado 30 de xullo do 2018 fixen unha pequena intervención como público no pleno municipal de Ferrol pra apoiar a moción do grupo municipal do BNG e pra dicir alto e claro "fascismo nunca máis".

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas non queremos e non imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asesino e xenocida dictador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade e verdade, memoria, xustiza e reparación para todas as víctimas do franquismo.

A dictadura fascista do dictador Francisco Franco foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movimento obreiro, unha dictadura de clase, criminal, que implantou unha salvaxe dictadura fascista no Estado español durante 40 anos.

Esta dictadura fascista veu precedida por un infame golpe de Estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de Estado fascista foi alentado, promovido, auspiciado e orquestado polas élites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da Igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o dictador Francisco Franco para seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.

A dictadura fascista de Francisco Franco torturou, asasinou, fusilou, encarcelou, represaliou, condeou o exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadores pola liberdade e fronte o fascismo tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas, etc.

En pleno século XXI e no ano 2018 todavía hai máis de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comuns e o fascismo sigue estando impune.

Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as víctimas do franquismo, ilegalizar a fundación fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crímenes do franquismo para que non queden impunes e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crímenes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa dictadura franquista como Billy el Niño, el Muñecas, etc.

Tamén é fundamental a devolución inmediata ó pobo galego do Pazo de Meirás que foi un expolio e un roubo do dictador Francisco Franco ó pobo galego.

Dende eiquí toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.

Na miña intervención no pleno municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática moción do BNG lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movimento obreiro e a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e ao militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.

Xa por último, para rematar, agradecer ó BNG que haxan pensado en min para defender a súa democrática moción, lembrar que para ser demócrata hai que ser antifascista.

Verdade, memoria, xustiza e reparación para todas as víctimas do franquismo.