12 de julio de 2018
12.07.2018

A esquerda esborrelada

12.07.2018 | 02:09

Por que xurden movimentos de base? Por que se constitúen plataformas cidadáns? A da Remunicipalización dos servizos básicos e a recén creada polas pensións dignas son dúas amósegas nidias. Existe a esquerda organizada? Son os partidos e sindicatos que se din de esquerdas, tal? Entón por que ese bulir dos cidadáns artellando novas frontes de batalla na avangarda? Teñen credibilidade os sindicatos cando non só non organizaron nengunha movilización contra a política neoliberal selvaxe no que ten aos servizos básicos (auga, luz, saúde, educación...) senón que sentaron nas cadeiras dos podrosos a pactar, ás escuras, a precariedade máis ruin, os salarios máis miseraveis, os subsidios máis infames, os convenios máis aldraxantes a cambio dun carnet de síndico dunha prole que o máis que defende é o dereito a ser explotada cada día con máis primor. Porque xa o deixou inmortalizado, en letras de ouro, Celso Emilio: Se foses a xantar con poderosos, mira ben a carón de quen te sentas. Pecha a túa gula e couta os teus degaros, pois é pan mentireiro o pan dos ricos. Doce por fóra, por dentro amarguexa...

A política das subvencións, o veleno dos cursos de formación... e un longo etc. de sumisións ao Capital mudou aqueles lobos con pel de cordeiro, que eran os sindicatos luitadores do franquismo, en cordeiros con pel de lobo. Os liberados sindicais, a aristocracia proletaria acomodouse demais aos quentes despachos empresariais en tempos de invernía e cando baixa ás xélidas estepas onde habitamos os operarios, éntranlles uns tremores vespertinos insuportaveis que os devolven axiña aos mulidos cumios con vistas panorámicas a ese futuro amarrado para os seus.

Só deste xeito podemos enxergar a inacción e a inanición co tema das pensións ate que agroma unha plataforma cidadá que comeza a se organizar na rúa e a espreguizar ao povo.

Só deste xeito podemos explicar nesta guerra contra o Capital, a posición de retagarda, de quen terían que ser mesmamente a avangarda. Só así a vergoña da contraprogramación que esnaquiza. Cada sindicato leva aos seus en distinto espazo e en distinto día. E o povo? O povo que se... reparta! E que nada reporte. Perante todo, erguer cadaquén as súas consignas e bandeiras.

Mais aínda coa miña certeza de que as reivindicacións das plataformas cidadáns quédanseme mui curtas, porque pouco cuestionan o sistema de clases como causa do colapso social, e limítanse a reclamar unha política de mínimos ao uso, eu vou estar apoiando o que quizais sexa o derradeiro esforzo do povo por se organizar contra a voracidade da oligarquía capitalista.

Adiante, povo galego. Non nos axeonllamos! Porque o mañá escrevémolo os povos desde o hoxe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine