Ola, somos os nenos e nenas de 4ºB do CEIP Balaídos e escribimos esta carta porque observamos situacións na nosa vida que consideramos machistas e sexistas. En concreto, cando imos xantar ao McDonlad´s ou ao Burguer King e pedimos o menú infantil que trae un agasallo, non nos preguntan cal queremos, pois asumen que hai un agasallo para nenos e outro para nenas.

Podemos ter diferente sexo pero os gustos son algo persoal e podemos ter os mesmos gustos!! Os xoguetes non teñen xénero, por iso nos gustaría que non nos pregunten se somos neno ou nena e que non fagan esta clasificación no xoguete. Queremos que nos ofrezan os dous e nós elixamos cal non gusta máis.

Esperamos que esta carta a lean os traballadores e traballadoras destes restaurante e poidan mellorar esta situación, moitas grazas por lernos!!!