Quixera expoñer o meu punto de vista, como traballador público e como cidadán, sobre a situación das relacións laborais e como estamos os traballadores de "protexidos" polos nosos sindicatos, e para iso vou poñer dous exemplo, solo a modo de apunte. O conflito da xustiza galega. O conflito no ano 2012 en Correos de Vigo. Vaia por diante a miña admiración por estes traballadores e a súa forza de vontade, como dicían Golpes Bajos, "malos tempos para la lírica", neste caso referido ó mundo laboral. Aínda así eles foron quen de plantarse e dicir basta!!!!

Os traballadores da xustiza de Galicia levan 90 días de folga, 3 meses sen cobrar. So pensalo da medo, como levar a vida estando sen cobrar 3 meses?

Quero dicir que, para min, ningún acordo por bo que poida parecer non serve se ten como "efecto colateral" a división entre compañeiros. A división só favorece á patronal (neste caso a Administración, a Xunta) e neste aspecto os sindicatos estanlle facendo un traballo impecable ós empresarios en xeral. Unha vez instalada a división o poder xa pode campar sen nin- gunha oposición, con total impunidade. Iso si, se un discute a fondo cós sindicatos estes acabarán dando coa clave do asunto: os traballadores non os apoiamos, non os secundamos, non escoitamos as súas mensaxes, as súas propostas. Xa ternos o culpable: os traballadores.

Cando se empeza un conflito laboral deberíanse ter en canta certos aspectos:

Ó referido antes, pase o que pase hai que fortalecer a unidades dos traballadores, nunca a división. O conflito hai que gradualo, empezar de menos a máis. Se plantexamos unha folga indefinida xa de entrada, que facer se o empresario aguántanos o tirón? Hai que contar con que os traballadores somos humanos e por tanto ternos límites.

Cando se plantexa un conflito ternos que pensar que pode haber compañeiros que non secunden a folga, e están no seu pleno dereito. Hai que convencer, non presionar nin descalificar, non vale con escudarse en que "por culpa dos esquirois" non se conseguiron os obxectivos. Iso é unha desculpa moi pobre, aínda que entra dentro dos mantras máis recurrentes dos sindicatos, ante a falta de propostas, frases feitas, sen contido e lugares comúns que non levan a nada. Terá algo que ver a proximidade das eleccións sindicais?

Hai que ter propostas, alternativas, e que sexan aceptadas e asumidas por todos.

Cada vez máis, os traballadores ternos a certeza de que prima o interés dos sindicatos como aparato, como poder, como máquinas de facer eleccións, moi parecido ó mundo político (cando non igual), que prima máis a estratexia, a oportunidade de copar máis poder, máis influencia... Cando hai eleccións xa che veñen ó posto de traballo con todo o papeleo feito para votar por correo, que non é pouco; so falta a nosa sinatura. Cando temas un problema sempre están ocupados.

É que nunca se equivocan, nunca fan nada mal? O empresario é malo e os traballadores somos uns descastados, acaso hai autocrítica, debate serio, intención de escoitar ós traballadores? É escandalosa a falta de propostas e debate. Que conste que penso que os sindicatos son necesarios, moi necesarios, e máis neste momento; pero isto que temas nin de lonxe se parece ó que debería ser un sindicato. Desgraciadamente os traballadores da xustiza, despois de tanto esforzo, están sentindo en carnes propias esta situación. Pero por desgraza isto non é un feito illado. O clima laboral que queda despois dun feito así é moi tenso entre os compañeiros, tardando moito tempo en recuperar a normalidade do día a día, en poder volver a traballar nun clima adecuado, que iso tamén é saúde laboral pero igual ten pouco valor fronte a outros intereses.

No ano 2012 na oficina de Correos da Praza de Compostela (Vigo) 52 carteiros puxéronse en folga indefinida. Neste caso pedían que se mantivera a plantilla ante a intención da Administración de facer recortes de persoal; non tiñan reivindicacións económicas, e houbo 11 compañeiros que non secundaron a folga. Dende o primeiro día os números non se moveron, ninguén que fose a folga cambiou de opinión nin ninguén que non fose sumouse posteriormente. Despois de 48 días de folga e un feixe de "manobras" sindicais, éntrase a traballar sen acadar ningún obxectivo e asínase un "acordo" que se incumpre, literalmente, dende o primeiro día. Na actualidade estes compañeiros están con menos persoal que o recollido no "acordo".

Cabería preguntarse qué pasou no naval, na minería e na automoción, sectores tradicionalmente fortes sindicalmente. Por qué os sindicatos non están presentes en movementos como o 15-M, os pensionistas, as protestas feministas pola fenda salarial? Tamén son colectivos descastados, infieis, proclives ó PP ou ó poder? Cómo seguir mantendo o discurso da defensa dos traballadores con este panorama?