Soterrado nun cadaleito de cemento e vergoña pasa un río cheo de vida un treito de seiscentos metros de oscuridade sen as raiolas de luz que lles da vida se existe o infemo e os ríos o teñen para o Gafos e ese tramo de penumbra, como se de súpeto nos quedásemos cegos e roubáranos a luz, que mal faría o río.

Para semellante aldraxe e se o fixo non é castigo dabondo cuarenta e oito anos de condea.

Pódese entender que nos anos setenta, en plena dictadura, pese á oposición dos veciños, se cometera semellante aldraxe sen que os veciños poidesen facer nada por impedilo, pero agora que non se faga nada por intentar destapalo non se entende, pois é un problema de vontade política. Existen fondos europeos, pero hai que pedilos e ter interés en facelo.

O estado natural dun río non é estar tapado. Un río é fonte de vida xil dende os tempos cos leprosos dos que tomou o nome lavaban as chagas nas súas augas para poder entrar na cidade. Pódese entender que nunha dictadura se fixese semellante aldraxe como o que se fixo coa ría ca instalación da Celulosas, pero penso que xa é tempo dabondo para intentar destapar o Gafos, así como se fai por intentar recuperar a ría co traslado da fábrica.

A Celulosas é un negocio lucrativo para uns poucos e se entende que ó capital non lle interese sacalo de aí, pois a opinión dos veciños que se opoñen non lle interesa, pero a quen lle molesta que se destape un río que sempre estivo destapado, que dereito temos nós a consentir semellante aldraxe cun agasallo da natureza, unha herdanza dos nosos devanceiros que cuidaron e respetaron, pois foi fonte de vida e prosperidade cos muiños e lavadoiros ao seu carón. Cando taparon o río tamén soterraron a memoria e a infancia de toda unha xeneración que viviu e desfrutou ao seu carón, que lles deu moita riqueza e benestar e agora esquécense e o deixan so.

Os que desfrutamos da beleza do tramo cuberto do río temos a obriga de decirlles ás novas xeneracións que o paseo actual e que coñecen está feito enriba dun paraíso natural, un verxel en plena cidade e calquer cidade que lle queira á natureza faría todo o posíbel para recuperalo, e moi egoísta dos que na nosa infancia e xuventude desfrutamos do tramo do río privar ós que non o coñeceron de desfrutar da beleza dun río de tanta beleza tan preto de nós.