Nós, a xeneración do Maio do 68, estamos de novo en pé. Como unha Marea Viva inundamos as rúas e prazas do Estado español, con unha só voz: reclamar o noso dereito a unha pensión digna e actualizada, como nos recoñece o Artigo 50 da Constitución Española.

Somos unha xeneración que, no seu día, nos sumamos á Revolta estudiantil do Maio Francés do 68 contra a sociedade de consumo. Revolta,que non só provocou eleccións anticipadas en Francia, senón que percorreu todo o mundo, lembrando aquel refrán do século XIX que decía que "Cando París estornuda, toda Europa se resfría".

Pero antes do Maio francés houbo en Galiza un Marzo do 68, que naceu en Compostela na Facultade de Económicas, como moitos e moitas lembramos, sendo vangarda dese movimento do 68.

Os que nos levantamos no 68, hoxe pensionistas, somos os constructores da Sociedade do Benestar, coas nosas loitas reivindicativas, co noso traballo i esforzo, conseguindo dereitos que hoxe nos quita a dictadura das maiorías do Partido Popular.

Nós cotizamos toda unha vida laboral para poder disfrutar dunha pensión digna, que agora no-la queren quitar ou reducir a miseria. Non lles basta con vaciar as arcas púbricas, senón que tamén vaciaron a ucha das pensións e utilizaron o diñeiro da Seguridade Social para outros fins, e agora temos que aguantar que nos digan que o Estado fai un préstamo á Seguridade Social para o pago da extra de Decembro. Que sarcasmo!

Estos constitucionalistas, como se fan chamar, de banderita na solapa, son os primeiros en non acatar a Constitución. Basta lembrar que cambiaron o Artigo 135, sen consultar coa cidadanía, para garantizar o pago da deuda por riba dos dereitos sociais. Tampouco están cumprindo co Artigo 50 da Constitución do ano 1978, que garantiza ás pensións e a súa revalorización.

Pero esta revolta dos pensionistas fáltalles unha pata: faltan os nosos fillo e fillas, netos e netas, que viñeron disfrutando dun benestar que nós construimos e que agora nos quitan. Eles que están sen futuro, non tendo un traballo digno (dereito tamén que recoñece a Constitución) e teñen que emigrar como moitos de nós fixemos no seu día, e polo tanto, tampouco teñen garantizada unha pensión futura.

Os nosos fillos teñen que reccionar e loitar pra poder ter un futuro, porque ademais son unha xeneración moi preparada como nunca tivemos, polo que teñen que sumarse a esta loita dos seus pais e nais, porque tamén é a súa loita por un futuro digno.

Nesta loita en defensa dunha pensión digna,cabemos todos e todas, non é unha loita ideolóxica, é trasversal, nos afecta a todos e todas e polo tanto sobran siglas partidistas e menos convocatorias sindicais da súa leiriña, que o que fan é dividir, como pretende o goberno do Partido Popular. Nesta loita cabemos todos e todas.

Os pensionistas e as pensionistas temos que estar unidos/as por dignidade, por un dereito que nos corresponde, polo que nos sacrificamos toda unha vida, porque nos xubilamos da vida laboral, pero non da vida, e polo que a nosa mensaxe ten que ser ben alto e forte: Nós non temos medo.