Cifuentes, cando a folga das mulleres, dixo que ela ía facela "á xaponesa". Paréceme que se traballara facendo camas nos hoteis ao mesmo precio que están cobrando esas traballadoras non diría o mesmo. Eso chámase non ter humanidade.

Como a protesta foi tan grande, as cousas foron cambiando, xa se poñía a cousa fea, e preguntánronlle pola folga "á xaponesa", e ela tivo o descaro de negalo, que ela non dixera eso.

Sexamos persoas.

Agora parece que o tema do master non está moi claro. Non sabemos se é certo, pero despois de mentir no da folga, ninguén a cre. Se é mentira ou verdade que falen os que teñen as respostas dicindo sempre a verdade. Despois de ver a xente que pasou con gloria pola Universidade de Juan Carlos, parece que crea unha nube de dudas. Parece que dita universidade se encargou exclusivamente da xente do PP. É canto menos moi curioso.

Temos un país cheo de mentiras (que os votantes as creen con absoluta fe, así os resultados). De millonarios e tamén de xente que pasa frío e fame despois de ter traballo (un traballo miserento de escravos).

Non mintan por favor, que é moi feo