Será unha patraña afirmar que España non é demócrata porque nela non se pode votar, tras 202 procesos electorais dende 1977 (dato de Blanco Valdés). Tamén o é aseverar que España é demócrata polo feito de acudir a depositar un voto a unha urna, case cada ano. A xente terá "liberdade" para ir votar, pero xa se encarga o sistema de asegurar o bipartidismo que tanto interesa, maquillado coas súas marcas blancas, cuxa función é facernos crer que hai máis vida tras os de sempre.

Dá igual que o elenco de posibilidades sexa infinito, como nos demostra a cantidade de partidos e coalicións que se presentan ás eleccións no Estado Español; o pastel repartirase entre os de sempre. Un bo exemplo témolo no 2015: O PSOE logra 90 escanos a cambio de 5 millóns de votos, mentres que IU non tivo máis ca dous escaños por un millón. D'Hont non estivo moi fino aí... ou si.

Un dos países"demócratas" por excelencia, EEUU, mantén penas de morte, torturas, xuízos sen garantías, non ten unha sanidade pública universal? E isto democracia?

Como dicía William Inge: "É inútil para as ovellas votar a favor do vexetarianismo, se os lobos manteñen unha opinión diferente".