Arestora fálase de Estado plurinacional, en Mexico teñen 32 estados nunha nación. As verbas 'estado' e 'nación' son reversíbeis. O president da Generalitat o 6 de octubre de 1934 proclamou a Cataluña un Estado na República Federal Española, e xa dixen na carta previa que a II República fuxiu do federalismo, e suspendeu a autonomía a canonazos.

A República Española de 1873, proclamouse o 11 de febreiro nas Cortes españolas, que foran elixidas nunha monarquía, cando rexía a Constitución de 1869, que foi redactada nunhas Cortes elixidas en xaneiro que foron constituíntes, aínda que non foron convocadas dese xeito. A I República naceu federal, falando de estados; tras o abandono do trono por Amadeo de Saboya.

O monarca no trono pode acoller na Coroa, nacións ou estados da maneira que o pobo acorde. Na carta que escribín en setembro, quedou claro que na desaparición do Antigo Réxime en 1834, o falar de "vontade nacional" fálase de "vontade do pobo", polo que pódese entender como sinónimo nación e pobo, polo que as nacións do Reino de España son os pobos do Reino de España.

As verbas 'nación', 'nacionalismo', 'nacional', teñen hoxe connotacións pexorativas e historias pouco edificantes e incluso truculentas,tamén son tabú segundo onde se poñan; falemos de pobo e países.