Gustaríame saber qué criterio move ó noso señor alcalde para invertir tanto esforzo e diñeiro do Concello na mellora do estadio de Balaídos, estadio que despois de todo a quen aproveita é a una sociedade anónima "deportiva" e por outra banda pasa a cobrar unhas tasas que por moi oficiales que sexan non deixan de ser elevadas na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) cando ata o presente o acceso ó ensino alí impartido era gratuito.

A citada Escola é un berce no que se fai medrar e se cultiva unha parte da nosa cultura tradicional, se fomenta a sensibilidade, o coñecemento e o amor pola música.

Non quero crer que estas cualidades pásanlle desapercibidas ó noso señor alcalde, pero ós feitos me remito, as súas medidas desproporcionadas non fan sinon alonxar estes bens de primeira necesidade non material da xente ó convertelas en inaccesibles para quen non poda pagalas.