O golf como tal non é un deporte moi practicado en Galicia. Si poden vir excasos turistas de élite económica a xogar na verde Galicia de cando en vez.

En Baredo, Baiona, preténdese facer a maior infraestructura de Galicia para un deporte que non se xoga. Os veciños quedarán sen os seus vinte manantiais que pagan cando se lles expropien 670.000 metros cadrados talando piñeiros para facer unha alfomba verde continuamente regada. Ergueranse muros de 7 metros para nivelar o terreo. Os veciños veranse expostos ós pesticidas e demais sustancias que require un campo de 18 buratos. Un gran despropósito tendo en conta que a meirande parte do ano estará deserto. E por riba xenera poucos beneficios á poboación. So tedes que ver o caso de Golf Domaio.