O alcalde de Vigo non sei se o pensou ben cando dixo que nos están a regalar ás viguesas e vigueses 30 m3 de auga por factura.

No ano 2011, cando comecei a pasar longas tempadas en Vigo na casa valeira dunha amiga, decateime que estaba pagando 15 m3/mes cando na miña casa de Madrid, donde pago o consumo real, estaba a pagar 6 ou 7.

Reclamei a Aqualia e a resposta foi que o facían por Ordenanza Fiscal do Concello que os "obriga" a facturar como mínimo eses 15 m3/mes.

O resumo é que en Vigo pago un mínimo de 36 euros cada dous meses, e en Madrid pago unha media de entre 16 a 20 euros.

Pensa o señor alcalde que desta forma se fomenta un consumo responsabel deste ben tan preciado e necesario, máis en épocas de seca como as que estamos a atravesar?

Hai varias leituras desta situación: estanme regalando unha media non de 15 m3 como di o alcalde, senón de 8 restando o que realmente consumo; outra, que me están cobrando 8 m3/mes de máis; outra, que desta forma a xente non aforra pois ten xa pagos 15 m3 ao mes; outra, que alguén se está a beneficiar desta ordenanza e esta concesión,... e seguro que hai máis.

Señor alcalde, reflexione, os novos tempos de responsabilidade no consumo de recursos naturais non van polo camiño que vostede está defendendo.