19 de agosto de 2017
19.08.2017
cartas al director

Manual práctico

19.08.2017 | 03:25

Eu xa sei o final de esta historia. Eu, e moitos outros. A coñecemos tan perfectamente dende hai meses, que parece que estamos a vivir un continuo "de javú". É algo que xa vimos en demasiadas ocasións. Seguro que circula nalgún manual interno do sempiterno partido. Debe chamarse algo así como "manual práctico de como promover unha moción de censura". Este libro, ten probada a súa eficacia en máis de unha ocasión e infinidade de Concellos. Todo está previsto, planificado, estudiado ata o mais mínimo detalle. Dende a comedia frívola á que estamos a asistir, á suposta auto-inmolación dos vellos cans de palleiro, o maquillaxe de rescate democrático do Concello, e a traca final da proclamación do novo alcalde, de vellas maneiras. Ata tiveron o detalle de perpetrala no verán, a época do ano en que os cidadáns baixan a garda embriagados polo espírito "liberal" e caribeño do estío.

O único que faltaba nesta montaxe, era o tonto útil (é unha maneira de falar, porque de tonto non ten un pelo). E todos sabemos que este país, é o máximo produtor mundial neste campo.

Ata aquí, todo o teño claro. O partido, que sempre está partido, pero que sempre acaba unificándose, non pode baixo ningún pretexto permitirse perder a hexemonía que ven exercendo en Tui dende fai décadas. Ten que impedir, a toda costa, a perda do seu bastión máis inexpugnable, a "reserva espiritual de occidente": Tui. Como si se tratara dun marido despechado, teñen de evitar a toda costa que a cidadanía vexa como "outros" gobernan durante toda unha lexislatura esta privilexiada cidade sen que o mundo deixe de xirar sobre o seu eixo. E que o fagan, de un xeito evidentemente máis democrático, respectuoso cas leis, e menos caciquil. Porque, o equipo actual, ten moitas luces e sombras, pero que están intentando gobernar para todos os cidadáns, e non solo "para los nuestros", e un feito incuestionable.

Hai outras cuestións, sen embargo, que me teñen intrigado. Teño dúbidas sobre si Carlos I de converxencia, acabará converténdose en Carlos V do PP. Si realmente, vai dilapidar o seu futuro político, por dous anos reinado, deixándose arrastrar polo seu ego, e a súa bisoñez política. Ou si ben, ten xa pactado o seu futuro baixo a alongada sombra.

Pero hai dúas incógnitas máis: Cómo vai a xustificar ou motivar a moción de censura? Cómo pretende convencer aos tudenses de que en pouco máis de ano e medio, vai dar un xiro á xestión realizada? Supoño, iso si, que nestes anos, vai axudar bastante o maná da Xunta. Pero aínda así, non sei si Tui tragará. Que mexen por riba dun, pase, pero de ahí a dicir que chove¡¡¡¡?. O vai ter difícil.

A segunda dúbida, é,cómo vai conquerir, tal como prometeu, gobernar sen o apoio de ningún tránsfuga. Porque si as contas non me enganan, algún queda. E sobre todo, como vai convencer á xente, de que os "autoinmolados" non van recibir a cambio do "seu altruísta sacrificio" ningún favor, presente, futuro, ou xa postos, vitalicio.

Si, son moitas preguntas que quedan no aire. E que o tempo, ese implacable xuíz, irá desvelando "despacito". E como sempre, volverá a escura gaivota, do Consistorio os seus enchufes a colgar, e outra vez, con recalificacións, caciquismo, e indemnizacións, os seus pitiños medrarán. Pero Carlos I, a túa inocencia política, esa, non volverá. Que Bécquer me perdoe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .