16 de agosto de 2017
16.08.2017

Ao señor alcalde de Vigo

16.08.2017 | 01:04

Dende hai moitos anos, cáseque 13, subía ó Castro coa miña mascota "Full", se ben é certo, que xa fai algúns que non o fago. O recorrido que facía dende a Praza de España interrúmpese agora ó chegar ó Sanatorio do Castro, para seguir cara o "Colexio Aloya".

As árbores rodeadas de herbas de gran tamaño, disuadíronme de facelo, tal era o abandono e a suciedade que amosaban.

O día 10 de agosto, repetín o paseo e vín con gran asombro e alegría que a maleza estaba cortada e deducín que o habían feito o día 9. Animado polo visto, subín con Carla, miña neta, que ten ano e medio, ó parque infantil, pero a realidade diu ó traste coa miña ilusión, a decepción foi total.

Os picariños, os máis grandiños, os avós, ou os pais, non eran capaces de subir ós netos ou ós fillos ós tobogáns pola altura que teñen,. Os columpios non estaban seguros e as cadeas que sostiñan o asento eran moi cortas e o balanceo mínimo. Acordeime do parque infantil da Praza da Independencia que supera a éste, non só no número de aparatos, senón tamén na variedade e adecuación ás edades dos rapaces e o número deles.

Levei entón a miña neta a ve-los patos, o recorrido foi moito máis triste. Os setos, herbas, árbores, campaban polos seus respetos, crecían incontrolados según os seus "xenes". A xente que ía a correr por carreiros en malas condicións que poñen en perigo a súa estabilidade e a do resto dos usuarios. Os cans soltos e os seus amos ían polo mesmo carreiro, as árbores moi altas e frondosas, impedían as vistas á ría e a saída dos barcos.

Dende o parque infantil ata a fonte unhas largas xardineiras con flores e pregúntome eu, señor Caballero: que aporta o Concello ó Castro? Que lle pode ensinar vostetede ós visitantes que veñen en autobuses a visitalo Castro? Que imaxen cree que levan de Vigo?

Si é cuestión de presupostos, aforre e derive parte a outros, como por exemplo da humanización das rúas, que non dudo que estén ben aunque acadan outros problemas, ou dos Dinosetos, e de moitas outras cousas.

Esta miña exposición non o leve a pensar que podo ser de dereitas, estaría equivocado, o que lle podo dicir é que non son "Susanista", que o sucedido no noso partido resolveuse nas primarias e debemos aceptalo.

Señor Caballero, pídolle que sexa máis alcalde que político, que favorezca ao pobo que somos todos, dun color ou de outro, cambie o seu rumbo.

Sexa Balaídos, sexa Xunta, etc., dialogue máis. Pense que eu estou a súa disposición. Moitas grazas e unha forte aperta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .