Considero que a solución ao problema lingüístico de Galicia é ter unha política galega, unha política que sexa digna deste nome, aquela que teña como obxectivo principal a defensa da nosa cultura, porque iso é o que somos: unha cultura. O galeguismo debe estar presente en todos os partidos políticos, a nosa lingua ten que ser algo primordial, porque o galego é o patrimonio cultural máis importante da nosa comunidade, cousa que parece esquecida pola Xunta e polos propios galegos. A promoción da lingua e da cultura debe estar por riba das loitas partidistas. O galego únenos como pobo, hai que estar orgullosos do que somos e non intentar destruílo. A Xunta non se pode seguir mantendo allea ao problema lingüístico, nin ter o mínimo interese por corrixir unha situación de desigualdade respecto ao castelán. Porque o día que non haxa galego, nós non seremos nada, a nosa identidade como pobo morrerá co idioma, xa que Galicia é a súa cultura ou non é nada. Se o goberno galego segue este camiño só merecerá un cualificativo: traidor. Traidor a súa orixe, traidor a súa terra e traidor á súa lingua, porque quen defende a Galicia, o primeiro que fai é defender o seu idioma.