Con este escrito quero denunciar a usurpación de terrenos públicos por parte de particulares sin que nadie se preocupe de facer visibles para uso e disfrute dos cidadáns.

Quero puntualizar algúns casos concretos de zonas públicas que alguén pretende e de feito o están utilizando de forma privada.

Refírome en primeiro lugar a unha parcela de mil trescentos metros cadrados situada na urbanización Punta Pinos entre o porto de Canido e Fuchiño que a teñen privatizada, pechada con unha cancela impedindo o paso a calquer cidadán que desexe disfrutar do descanso na zona verde que alí existe.

Suliñar para coñecemento xeral que esa parcela é de uso público, algo que a maioría dos cidadáns sobre todos aqueles que acuden a praia de Fuchiño descoñecen ó encontrar pechado o recinto. O concello ten que retirar esa cancela e sinalizar a zona verde municipal de uso público.

O segundo punto que quero suliñar e o parque infantil na Zapateira que en este caso non está pechado pero hai algo que me chama a atención, sendo un parque municipal alguén se ocupa de facer desaparecer o cartel do Concello de Vigo identificativo tamén coa intención de privatizar ese espacio.

Como ben saben os nosos veciños a nosa parroquia é deficitaria de espazos públicos e os poucos que temos non somos quen de facelos respetar e recuperar. Tamén temos que falar da finca Toralla (Mirabambell) o espazo público que foi pista de tenis está utilizada polo clube de remo de Coruxo, outro espacio utilizado en detrimento dos nosos ciudadáns. Por certo, a ver se polo menos son un pouco respetuosos coas persoas que pasean por alí e non interrumpen o paso coas traíñas, motos, coches, etc. Alí hai unha señal que prohibe aparcar excepto o servizo da Vila Romana.

Tamén para rematar facer referencia ó recinto do Cruceiro de San Miguel xa que parece que algúns non teñen claro que esa é unha parcela municipal por tempo inmemorial, xa que alguén llo quere asignar á Iglesia.

Solicito do Concello de Vigo que non permita a usurpación dos espazos públicos facendo visibles coa cartelería correspondente significando o uso público de eses espazos.