Escoito abafado o lema da campaña "Mitos sobre o alcohol" despregada polos diversos gobernos de España dende Moncloa abaixo. Non había de ser menos o de Vilagarcía que involucra 7 centros educativos na Exposición da Casa da Cultura con 9 paneis de escolantes premiados.

O meu pesadelo xorde da observación actual e do rexistro de 60 anos de memoria que contradín este lema.

Pódese afirmar que en España: 1) Ninguén bebe alcohol puro -desinfectante hospitalatario-. 2) Moita xente bebe viño -uva fermentada que aloxa centos de elementos nutritivos entre eles 80% de auga e 11% de etanol. 3) Bastante xente bebe licor -destilados-. 4) A franxa poboacional maior de 60 anos bebe máis viño pero emborráchase menos ca franxa inferior a 30 anos porque a xente maior sabe beber -sabe parar e sabe mexar- mentras ca xente xoven non o ten aprendido. 5) No 2017, profesorado e familias non lle aprenden a beber ós rapaces nin consideran factible tal destreza. 6) O establishment español fai seguidismo da tradición protestante e musulmana demonizadoras do viño e non se decata da carencia cultural dambas no eido do consumo beneficioso deste néctar. De resultas monta unha campaña puritana... ¡Que non, Sr. Rajoy, que é ao revés: no asunto de comer e beber nós somos mestres, eles aprendices!