Maio cando o mundo énchese de flores, na nosa cidade tamén mes da lingua escomenza cá Festa dos Maios cando os rillotes enchen o ar ca poesía das coplas na praza da Ferreria feita de pedra e camelia, logo os veciños e veciñas do barrio do Burgo madrugan para apañar millores para facer a alfombra que homenaxea ao persoeiro a quen se lle adica o día das Letras Galegas ollando para o ceo que non choiva e estrague seu arte efímera que fan con moito traballo e agarimo.

Alí na praza que comparten Curros Enríquez e Alexandre Bóveda un da nome a praza pero sen escultura e outro con escultura pero sen praza,oxalá axiña teñan cada un unha praza con escultura porque se alguén as merece son os dous persoeiros, nise fermoso recuncho da cidade que nise día recende a flores e poesía e voces fermosísimas das corais e música da banda que silencian aos estorniños que a sobrevoan cando xa facía tempo que non os ollaba cando antaño eran parte da paixase da cidade que como a alfombra de flores dibuxan obras de arte efímeras no ceo nise día pousados nos laranxos máis laranxos de todos os laranxos calaron por respecto a Carlos Casares o homenaxeado.

Logo segue co Correlingua na festa da lingua cando un río de rapaces e rapazas fluien cara á cidade levando con eles o porvir do noso idioma cando a praza convértese nun praderío de mapoulas de cores que agroman entre as malas hervas, eles son a esperanza que non esmoreza un idioma fermosísimo que vendo os milleiros de nenos e nenas enchendo aquel recuncho de cultura e de amor pola nosa terra eu non creo nos agoreiros que predicen a súa desaparición.

Tamén en pequenos xestos que se dan a cotío, un día destos paseando polas beiras do río dos Gafos diante miña ía unha meniña coa súa nai da man cun ramiño de xestas floridas ao pasar a carón do cartel que os veciños puxeron na carballeira do río en homenaxe a Manuel María colocouno ao caron do poeta, ou como unha equipa de fútbol logra encher unha cidade inglesa ca palabra Afouteza, ou para dar pulos milleiros de xialeiros cantan a capela a Rianxeira nos campos de fútbol, ou cando prodúcese un feito luctuoso ou falece algún persoeiro a Negra Sombra.

Agora cas redes socias agroman novos xeitos de expresión un para dar pulo ao idioma nas mans da nosa xuventude moito máis preparada e con máis medios para facelo está o porvir da lingua, que o mes de maio como decía a nosa Rosalía de Castro sexa un Maio longo cando madurecen as cereixas e nos beiras dos ríos florezan as mapoulas, os lirios e narcisos tamén que non sexa soio na primavera cando a nosa lingua floreza, que sexa todo o ano, entón é que aínda estamos vivos como país.