23 de abril de 2017
23.04.2017

A sanidade do futuro

23.04.2017 | 02:47

Teño unha nena de catro anos diagnosticada dende hai cinco meses dunha hernia inguinal bilateral coa indicación de ser intervida cirúrxicamente de xeito inmediato. Confirmado o diagnóstico, hai catro meses superaba todo o proceso preoperatorio. "Chamarémosvos nos vindeiros días", asegurou o pediatra. O certo é que as semanas empezaron a pasar e esa chamada aínda non aconteceu.

O que parecía unha demora máis nas listas de espera da sanidade pública, acabou desvelándose coma un gravísimo déficit de funcionamento do servizo de cirurxía pediátrica do hospital de Ourense. Extraoficialmente puidemos saber que a miña filla non vai ser operada porque nestes intres non hai programación no servizo de cirurxía pediátrica de Ourense, composto por un único especialista que non é quen de atender só os requirimentos mínimos esixidos nunha intervención cirúrxica. A miña filla é unha máis nunha lista duns setenta nenos que, o mesmo ca ela, teñen que ser operados por indicación médica pero que quedaron atrapados nun limbo administrativo como consecuencia do particular xeito que a Xunta de Galicia e o Sergas teñen de entender cómo debe funcionar un hospital público como o de Ourense. A situación constitúe unha clara discriminación para os cidadáns de Ourense e para os nenos dunha das provincias máis envellecidas da Terra cun índice de natalidade que, no caso de non ser corrixido, conduciranos á implosión social. Curiosa forma de protexer e atender ese ben en vías de extinción que son os nosos nenos por parte dunha administración que fai propaganda diaria da súa suposta preocupación polas patoloxías terminais da nosa esmorecente demografía.

A miña nena terá que seguir agardando ou recorrer a un hospital privado, unha situación que contravén o espírito de equidade e atención universal que debería ter esa sanidade pública que empeza ser unha triste sombra do que foi e que a miúdo funciona grazas o esforzo, á adicación e ó compromiso público de moitos profesionais maltratados pola administración ou contratados nunha situación de precariedade impropia dunha sociedade xusta e moderna.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .