E non aprendemos nada despois das dúas últimas lexislaturas salvo que, e para que non haxa dúbida, a corrupción hoxe, en España, e xa imposible de sancionala nin pola mesmísima Xustiza mentres sigan gobernando "os de sempre", PP e PSOE, baixo mínimos e inmersos na conciencia democracia española socialmente preocupada. Anda todo tan sucio e espeso que xa non deixamos de exclamar, como Peret, cando "... esto ya no se "pué aguantá", ante tanto escándalo nos estamentos do Estado. Os dous vanse "entender" para gobernar dentro dun revolto político para "arreglar" o país, sen cambios nin recambios.

E nós, igual que o filósofo Dióxenes o Cínico (que andaba a "busca de homes" honestos), andamos tamén na "busca de políticos" serios, visto xa que dos actuais nada cambiaron: nin honestidade, nin vocación democrática, nin respecto ao Estado de Dereito, e tan só unha insaciable ambición de poder político e "trepar". E todo para que siga igual, cando precisamente a corrupción abanease nos alicerces do Estado sen solución de atallar os abusos institucionais dunha clase importante do país, que xa non respecta a Constitución (laica?, católica?) xogando con ela perigosamente "entre Pinto? e Valdemoro?", pese a ser a "ley de leyes" (exemplo:a curiosa disputa pola misa católica nas TV públicas cando a Constitución se define como laica --o Papa Francisco defende a laicidade do Estado-). É todo aproveitase do barullo político onde ninguén domina pero varios tampouco (os novos partidos emerxentes, de momento, andan madurando, coma os bos caldos).

E todo empezou o pasado outubro tras 315 días de bloqueo para o PP, e cun PSOE descosido, que propiciou, coa súa sorprendente abstención, a presidencia de Mariano Rajoy e que, aínda a día de hoxe, todo estar por atar: nin a corrupción, nin os partidos políticos "agarrados" ao cordón umbilical dos seus escanos, nin a hucha das pensións valeira, nin a precariedade laboral dos novos postos de traballos, nin a emigración dos nosos licenciados, nin o Libro Branco da UE que nos asfixia, nin o Goberno "cos de sempre" dentro dos negocios privados, nin os silencios vergoñentos nas desgrazas de Angrois e do avión Yak-42 (imperdoables)... Todo estar por atar. Salvo a inexplicable sentencia da Infanta Cristina e de Urgandarín, que confirma que a Xustiza en España non é igual para todos, ou o que é o mesmo, que tanto a Xustiza, como PP e PSOE, Monarquía e consortes, xa están todos ao mesmo rasante da corrupción, e implicados e incapacitados de atallala.

Xa pensabamos que ían engrosar con tanto "chourizo" fino filipino (Bárcenas, Rato, Blesa, "Bigotes", Griñán, Chaves...) para escarmentar. Pero non.Nin PP nin PSOE nos representan: todo detúrpase pola sinxela realidade de que a corrupción está dentro dos seus miolos.

Esquecémonos a veces de que dentro do Estado de Dereito, ninguén está por riba de tódolos cidadáns, e que o poder mana do pobo e de ninguén mais (nin quixera dun Rei, xuiz/za, maxistrado/a, presidente, ou partido político...). Dificilmente entenderemos sentencias para que fagan burla de todos con xactancia e xestos de satisfacción, para sair "de rositas" no caso Nóos. Hai unha tomadura de pelo incalificable e con "arraigo".

Que alguns estamentos, homes e mulleres con altos cargos e dignidade estean lonxe da integridade e honradez da que se lle supón, é xa alarmante. E si , tanto PP como PSOE, coma representantes do pobo, perden fiabilidade nas súas relacións con outras institucións do Estado tal como fiscais, maxistrados/as, e xuices/zas porque son influenciados, do mesmo xeito que altas empresas, banca ou empresas financeiras¿en quen imos depositar os nosos votos? Pretender limpar o galiñeiro con "zorros" é, sinxelamente, imposible, grotesco, hipócrita e intolerable para un país. Isto é de pucheiro mal cheirento. Mal asunto.

Mariano Rajoy repite que confía na Xustiza pero os escándalos se suceden.

Por outro lado, o PSOE, rexido por una xestora, esquecen á militancia (nunca foi consultada en momentos tan críticos) e co apoio de ricos "barones" por un lado e de políticos por outro cobrando dos escanos, pero todos eles sen "obreros" En que mans estamos? Quen lle pon o cascabel ao gato da corrupción na política española? Porque..."esto ya no se "pué aguantá" con tanto "fino filipino" solto neste Estado Constitucional. Hai outro?