Fai once anos publiquei "Onde se irisa a flor" en cuio paratexto versaba "perante a destrucción da natureza a exaltación da flor como máxima expresión da súa beleza"; e noutro, "A música irisada" falaba da primavera deste tenor "co azul/ co verde/ música de primavera". Nesta primavera na que a doce brisa, o doce sol, son acariñados polo rechunchío do reiseñor como tamén as humildes flores dos regatos silandeiros, ao tempo que se aventura a rosada que se pausa sobre o verde. Todo é albor de vida, entrañas de poesía. Este ano acaba de saír á luz "As camelias acesas", acesas polo fulgor da súa beleza, unha exaltación sublimada das camelias, flor cada vez máis de Galicia, nelas pretendo reflectir a esencia de todas as flores onde brilla a alma da poesía,o cerne da vida. Natureza,pois, embelesada polo resplandor da beleza. Primavera, camelias, poesía; eis a miña salutación á nova estación.