Case que cincuenta anos despois voltamos a mollarnos no río da nosa infancia, nós que somos tempo e memoria cando pasamos ou nos lembramos dun espazo que nos recorda a nosa infancia revivimos un tempo moi importante e feliz da nosa vida, agora cando esmorece o verán ca chegada do outono que a nosa cidade chega nunha locomotora de asar castañas á Ferrería cando escomenzan a caer paseniñamente as follas das árbores que mudan de cor, co agromar dos cogomelos nas fragas e carballeiras cando o monte semella un cadro impresionista.

Mágoa que o tramo do noso río da infancia que fumos limpar esté cuberto sen luz e nós que desfrutamos del e forma parte da nosa vida non poidemos devolverlle o favor limpando. Non era o río más grande nen o millor, no tempo do verán case un regato con pouca auga pero para nós era o Amazonas cando saiamos das sesións de tarde do cine Malvar e cabalgábamos das polas das árbores que facían de lianas cas películas de Tarzán, nas de vaqueiros xa era o río Grande que nos protexía dos indios cando aínda nos tiñan enganados e creiamos que eran os malos, o Misissipi nas primeiras lecturas cos libros de aventuras de Mark Twain faciamos barcazas de madeira, pero con tan pouca auga axiña afundían, o Yucon cas lecturas de Jack London, aínda que o intentamos nunca atopamos ningunha pepita de ouro, colliamos as peneiras de peneirar o millo das nosas casas eo intentábamos no río que seguro que tiña ouro, pois nadie duda que o Gafos é un río moi rico e ten centos de tesouros agochados, hai unha lenda que soio a coñecemos os que de cativos bañámonos nel, que os tesouros do Gafos atópanse no tramo cuberto ao seu paso por Campolongo e que soio sabremos deles cando o destapen e que lle devolvan a luz que lle roubaron.

O domingo ó mencer entusiastas da fundación Xoan XXIII, a APDR e Vaipolorío participaron na limpeza do noso río aínda que non puideron facelo tramo da nosa infancia, sentimos outra vez o arrecendo do mentrasto e fiuncho nas reverdecidas beiras pola choiva caída neste días, ollamos como medraron os loureiros e demais árbores que prantaron os de Vaipolorío, como maduraron os figos das figueiras ventureiras que vixían os paxaros, e amorodos das silveiras collimos as primeiras castañas, algúns agardamos a noitiña a ver se aínda quedan vagalumes e se medraron os morcegos dende a derradeira vez aló polo verán que os avistamos nunha saída nocturna, foi unha sorpresa para min pois de cativos non lembro de ollalos no río.

No fardel da memoria agora no outono das nosas vidas cando xa temos no balance da vida mais pasado que futuro é cando nos decatamos das pequenas cousas que cando as tiñamos non lle demos a importancia que tiñan, agora sempre nos quedará a dúbida de se fixemos moito ou non o suficiente a miña xeración por tratar de impedir que taparan o río dos Gafos ou a instalación de Celulosas na ría, pero... Aínda seguimos eiquí a aturar tempestades de sal, e non nos rendemos e aínda estamos a tempo de recuperar a ría e destapar o río.