Aos 18 directivos do CD Choco encabezados por Iván, máis socios, concellería de Deportes, amigos (entre os que me atopo), corpo técnico, xogadores?, grazas por habernos dado tantas ledicias ó longo da tempada, e que disfrutáramos do bo fútbol, e desta maneira rendirlle homenaxe aos históricos da nosa vila.

Dentro da directiva, quería amosarlle meu respecto e admiración a "Estrella", que fai de vendedora de rifas, médico (de profesión), limpiadora, chófer dos equipos de base e sempre cun sorriso, sendo un exemplo para nós e as demais mulleres.

Esta directiva, que puxeron ao CD Choco en todos os medios de comunicación no máis alto da cabeceira do fútbol en Galicia, ao meu entender, estaría capacitada para levalos a Segunda División B, polo seu traballo serio e honrado, con adicación, onde só vexo un pero, non ter máis xogadores da vila no primeiro equipo, xa que iso non di moito dos que traballamos coa base.

Ánimo, con vós, conseguirémolo.