París, a cidade das luces, era no século XIX un cambalache. O casco vello estaba arruinado. Sen separación de augas, infravivenda superpoblada e rodeada dun muro defensivo polo enemigo prusiano. As clases puidentes vivían no ensanche, en barrios axardinados e amplos .

Foi entón cando Napoleón III chamou ó Barón de Haussman. Para que convertise París na capital do imperio. Haussmann proxectou novas barriadas máis amplas na zona vella, axardinadas e con excelentes bulevares.,Eran barrios en cuadrícula simétrica onde o ancho da rúa ía en simetría ca altura da edificación. Renovou o mercado de Les Halles. As clases burguesas retornaron ó centro i edificaron construcións neoclásicas dacorde ca súa importancia. A cidade mudou a súa pel. En 1889 París construiu a Torre Eiffel para conmemorar a Exposición Universal. Celebraría tres máis antes de 1900.

Logo desenrolouse o metropolitano. Primeiro o metro era tirado por cabalos. Logo vapor, carbón e finalmente electricidade. Isto facía que París nunca durmise de todo. Sempre aberta ós cambios da modernidade.