Fai aproximadamente cinco meses alugamos un piso, o cal nos aseguraron que non tiña humidade.

Dous meses despois puxémonos en contacto co dono para informalo de que na cociña entraba auga. A súa explicación foi do máis irrisoria, a casa sudaba, negándose a facer as reparacións pertinentes.

A día de hoxe na cociña cae un chorro sobre unha tina que vaciamos a diario. O salón está totalmente cheo de pingueiras e gotea a bombilla.

O peor de todo isto é que despois de chamar a mil sitios me informan, non hai a onde ir, un número simplemente para informarte de que medidas tomar e evitar que vivendas estén en aluguer, en condicións precarias e insalubres e nun estado totalmente inhabitable.

Por suposto volvemos mudarnos, cargando cos mobles que antes trouxemos pero que agora están estropeados. Unha mudanza de novo con todo o que iso conleva e adicando o noso pouco tempo libre a empaquetar e carrexar a nosas cousas e a dos meus fillos que terán que volver adaptarse a outra casa.