A cociña é profesión de futuro. Antes o desexo era futbolista, cantante, bombeiro --que tamén-- e cociñeiro. Tanto éxito colleita que é aspiración profesional. A cociña como destino ideal. Se antes era un Zarra, un Machín logo foi un Santi Santamaría que defendía a cociña caseira. A cociña de toda a vida, de trucos e experiencia, da premura, da hora de comer. As cousas boas son sinxelas, permanecen intactas e consolidan saberes anónimos. As vellas cociñeiras non sabían de pamplinas, facían de comer e acababa o cometido. Miran televisión, están atentas, pero conservan receitas non escritas. A civilización comeu de súa man. Non foi a tecnoloxía, foi o carácter e a gana de sacar adiante o ser humano. Un papel crucial. É das mulleres, raíñas do lume e do caldo, chefs. Supervivencia.