Pedro Sánchez non pode deixar de insistir na negociación, e Pablo Iglesias debe conciliar posturas, acoller coincidencias positivamente e xuntarse solidariamente coa mente posta nos miles de votantes, no país, nas esperanzas de tantos, no mellor dos escenarios, aquilo que é razón de ser, o programa, programa-programa-programa, ata o final. Deben coincidir no consenso, na coalición, no interese xeral e cidadán. O principal, o necesario, o fin último, deixar a pel a prol da xente. Evitar a comodidade, loitar polas persoas. E aprender inglés.