O refuxiado non deixa a camiseta, anque teña problemas coa língua. Esta é independente e leva ao falante por sitios que descoñecía. A língua descubre os lugares, sen ela ninguén se move. Os refuxiados enfrontan o atranco de facerse entender. Algúns chegan coa camiseta dos seus clubes preferidos, pseudonáufragos pero como se dixéramos cunha tarxeta de visita posta, e iso borra procedencias ou cáseque, veñen coa cor familiar e levan un equipo no corazón. A lingua é unha patria e somos língua. En certo xeito, a língua é tamén unha camiseta. Fútbol, lingua de calquera lugar, une, vínculo anterior á fala. Gol, sílaba universal.