O último baquetazo electoral do BNG ven amosar a perda de rumbo e a desconexión coa cidadanía galega, algo que moitos viñamos coprobando xa fai tempo, menos os "coroneis" que dirixen ao BNG, aferrados ao poder e ao sectarismo, pero lonxe do sentir da cidadanía, como corresponde a un partido burgués, que se cren poseedores da verdade absoluta e onde non cabe discrepancia, porque corres o risco de ser vilmente repudiado, insultado e desprestixiado polas ovellas que siguen os dictamenes dos "coroneis".

Este sectarismo tenlle feito moito dano ao nacionalismo galego que en vez de incorporar e ilusionar a cidadanía galega con un proxecto común en defensa dos dereitos nacionais e da nosa identidade como povo, o que fixo foi expulsar aos que desinten, ou teñen opinións discrepantes á dos coroneis que chegan a aburrir e desilusionar a cidadanía galega, cuxo resultado se ten manifestado na última convocatoria electoral, pero que xa era unha morte anunciada.

Esa falta de autocrítica amosada pola cúpula do BNG, levounos ao que hoxe son: ninguén na política galega.

Permítanme os militantes do BNG, que os hai bos e xenerosos, recordarlles o que un vello i experimentado amigo da Historia, o camarada Lenin (non son leninista), que nos dixo sin ambaxes: "La actitud de un partido político ante sus errores es uno de los criterios más importantes y más seguros para juzgar de la seriedad de ese partido y del cumplimiento efectivo de sus deberes hacia su clase y hacia las masas trabajadoras. Reconocer abiertamente error, poner al descubierto sus causas, analizar la situación que los ha engendrado y discutir atentamente los medios de corregirlos; eso es lo que caracteriza a un partido serio; en eso consiste el cumplimiento de sus deberes; eso es educar e instruir a la clase, y después a las masas".

Pois que tomen nota os dirixentes do BNG.

Penso que xa chegou a hora da refundación do Nacionalismo Galego nun proxecto común, que aglutine e non divida, que ilusione, e para elo é necesario que o BNG renuncie as súas siglas hoxe desprestixiadas e devaluadas, e aos seus modos sectarios de entender a política ("ou conmigo ou contra min") e sobre todo, nese novo proxecto, sobran os coroneis burgueses, porque Galiza necesita dun Nacionalismo Revolucionario aglutinador, e non só defensor dos dereitos nacionais, e do idioma, senón tamén, e hoxe máis ca nunca, dos dereitos sociais e das libertades individuais e colectivas ameazadas coa Lei mordaza.

De non ser así, Galiza perde e perdemos todos/as.