Para min o término Mondariz abarca as terras e as xentes dos dous Concellos, sin máis disquisicións. Mondariz é un lugar relevante nas miñas preferencias por moitos motivos: trato exquisito e magnánima hospitalidade, amor ó deporte e alegre predisposición para a festa. Mondariz ten ademáis unha longa tradición musical, refrendada por numerosas bandas, orquestas, grupos de baile, coros, etc., etc., xa consagrados na música tradicional galega, como é o caso de Pablo Rey, membro destacado de Treixadura, referente principal da música tradicional galega.

A miña dona e máis eu damos fe da inefable actuación de Pablo no dueto que interpretou no concerto do 25 aniversario de Treixadura no teatro García Barbón.

Os pobos non deben esquecerse dos seus artistas xa que estos non proliferan. Polo tanto démoslles o recoñecemento, xa que son embaixadores da nosa identidade.

Pablo meréceo por artista e por boa xente.