O Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 5 establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios para facilitar o seu coñecemento.

Na orde do 16 de xullo do 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) recoñécese que existe un sector moi importante de cidadáns galegos que non tiveron acceso ao coñecemento da lingua galega mediante o ensino obrigatorio. Ademais de que hai que sumar todas aquelas persoas que viven na nosa comunidade e son oriundos doutras nas que a aprendizaxe da lingua galega non é posible.

Deste xeito cítase que o coñecemento da lingua galega é unha necesidades real, dado que é exixida a cotío para o desenvolvemento de diversas actividades profesionais ou sociais.

Pois ben, neste sentido víñanse convocando estes últimos anos cursos preparatorios e máis exames do Celga nos seus diferentes niveis por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este ano convocáronse os cursos de preparación pero non os exames que normalmente viñan sendo no mes de xuño.

Varios alumnos dos cursos preparatorios do Celga preguntaron na Secretaría Xeral de Política Lingüística por esta falla, e a súa resposta foi que, non saben nada!

Esta actitude colócanos, a moitas persoas que precisamos o certificado por motivos laborais, nunha situación de discriminación fronte a outros cidadáns, impedindo, dun plumazo, a posibilidade de acceder a postos na administración pública galega ou mesmo ao ensino onde se precise acreditar oficialmente estes niveis de coñecemento do galego.

Xa dende hai dous anos vimos asistindo a unha merma das oportunidades de obter o citado certificado, xa que as convocatorias de exames pasaron de dous ao ano a unha, e agora qué?, pasamos a cero?

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, e por elevación a Consellería da Presidencia e Administracions Públicas, de quen depende, non é quen de dar a calada por resposta nin adoitar ignorancia, non é quen de retrasar as probas ao "último trimestre do ano", polos prexuícios que isto achega, non é quen de privar os cidadáns galegos ou non galegos dese dereito recollido no propio Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu artigo 5 ap 4 dí:

"Ninguén poderá ser discriminado por causa da língua"

Pois ben, nós estamos a ser discriminados por causa da nosa língua!