Todos sabemos os tempos que corren. De todos os xeitos, parece que nos estiveran inoculando algunha vacina que nos volve ovellas mansiñas. Empézalles a funcionar a receita.

Así e todo penso que quedarán persoas que teñan conciencia e inquedanzas, para cuestionarse, entre outras moitas cousas, cómo é posible que unha empresa rendible como é Amencer Reciclados-Aspanas, por certo a única do grupo rendible, consigan facela pechar. Eso si, co beneplácito das autoridades que nin se molestaron en investigar o destino das súas propias subvencións, deixando na rúa a 35 persoas con discapacidade, ás que lles cortaron as ilusións de raíz.

Que se pode pensar?

Todos viamos a súa laboura na rúa e a ilusion coa que a realizaban.

Onde están agora os políticos aos que tanto se lles enche a boca en vísperas de eleccións?

E a dirección de Aspanas, que di defender o traballo destas persoas?

Os políticos desentendéndose e a dirección intentando desvincularse, e mentras tanto pactando novos "negocios" sin vinculalos á readmisión deste colectivo.

Só nos queda confiar na xustiza, que ogalla non nos defraude.

Pasen e vexan!