A ruta entre Bamako e Segou soe ser a elixida polos camioneiros de Mali para transportar algodón. Pero cando algún deles ten a mala fortuna de pinchar na vila de Nessou, cambian a roda a lume de carozo. Non vaia ser o conto. Seica en Nessou, vila de doce casas, haiche moito fetichista, moito bruxo solto.

A Compañía para o desenrolo textil de Mali colocou na vila un toldo experimental para ensinar ós paisanos a almacear o algodón. Pero cando chegou o día de desmontala o funcionario de turno prefiriu deixar o caso nas mans do seu sucesor non fora o caso dun meigallo. El xa estaba a piques de retirarse... E o seguinte prefiriu deixar o marrón para o que vira despois. E así o toldo chegou a converterse en permanente.

Non sei que pasará co plan Nouvel ou a fonte cibernética da señora Porro. Pero si sei o que ocorrería con algúns políticos en Nessou.