Tan simple como isto: coloca un anuncio atractivo como éste: “Necesitamos personal para cuidado de ancianos y limpieza” 697681104,635808652 ou “Necesitamos personal de apoyo para trabajar residencia canina” 605315033,699009420. Contrata (ou mellor nen as contrates) a un par de telefonistas. Só queda agardar a que alguén pique o anzol e as telefonistas o remitan a un teléfono de “orientación laboral” 807 (o 906 cantaba demasiado). Se chaman ao 807 negocio redondo; se a persoa que chamou sabe o que hai (é dicir, unha forma de lucrarse a costa das necesidades dos demais), simplemente terá gastado os cartos da chamada para nada. Contraindicacións: este texto non está recomendado para persoas con escrúpulos; a práctica antes citada é ilegal.