Leín atentamente as dúas cartas enviadas a este xornal polo activista de Galicia Bilingüe Don Pedro M. Larrauri, os días 28/03/09 e 08/04/09. Cecais sen se decatar amosa a súa xenreira por unha das lingoas oficiais de Galicia (tan oficial unha como a outra) aínda que a él o magoe.

Na 1ª carta, entre outras cousas que o retratan di: -“Los padres y la mayoría de los gallegos queremos que acabe la imposición del gallego, que los libros que regala la Xunta no estén solamente en gallego, que las oposiciones puedan hacerse en gallego o en castellano, y también queremos que la Administración nos atienda en la lengua que cada uno elija, de las dos oficiales que tenemos”.

Ímos ver: Don Pedro ademáis da xenreira que amosa está descolocado. Cómo se pode dar cumprimento aos desexos e as peticións que demanda si non se coñecen as dúas lingoas por igual? E sendo así que máis ten face-las oposicións en galego ou castelán? E cómo vai facer a Administración para que o funcionariado poida atender nos dous idiomas si non coñece un deles? Si aproba as oposicións en castelán e non sabe o galego non pode atender a súa demanda. E si se coñecen as dúas língoas por igual, que é o lóxico e desexable, e é o que pretende e coido que será o que faga a nova administración, levar as dúas lingoas ó mesmo nivel, onde está o problema?

Eu, que xa conto moitas primaveras, que son galego falante de toda a miña vida, estou acostumado a aturar desprecios deste tipo; neste momento toca a falacia de “Galicia Bilingüe”. ¡Perdón! O de bilingüe é unha trola.

Digo que é unha trola con coñecemento de causa: Don Pedro M. Larrauri, médico traumatólogo en Povisa non se digna atender en galego aos pacientes que lle chegan a consulta e que son galego-falantes, e iso que di levar 26 anos nesta terra. E tamén dí que é galego. Eis, outra trola.

Pola contra, outros castellanos como él, residentes nesta terra, falan o galego, escriben literatura e poesía nesta fermosa língoa, e participan activamente nesta ampla cultura. Son máis ricos.

E para rematar, lembrar que xa Pondal nolo deixou escrito e que figura no noso hímno: Estes …e escuros non nos entenden, non ¡Mágoa!