Suponse que miles de coches o día contaminan moito máis que un barco cruzando a ría. Suponse que emiten moito máis CO2. Incluso hai barcos que navegan con placas solares. Pero isto en España é so unha suposición. Suponse que a autoridade competente debería promover a utilización de medios de transporte non contaminates. Suponse que está diposta a facilitar billetes combinados de barco e bus coma transporte metropolitano. Suponse que a administración interesalle algo o medio ambente. Pero claro, todo isto é un supor.

O mellor transporte entre amba-las dúas beiras da ría é o barco de pasaxe. Supoñendo que os prezos dos billetes sexan asequibles. Supoñendo que queiramos coidar a natureza. Supoñendo que teñamos a idea de desconxestionar as cidades dun tráfico que non poden aturar. Pero é que isto é moito supoñer.

Supoño que non me vai resultar doado explicar que para ir a Moaña teño que atracar primeiro en Cangas. Pero supoño que tampouco será fácil ter que pasar por Compostela para ir a Madrid no AVE dende Vigo. E supoño que moitos de vos non entendedes porqué para voar de Peinador a case calquer punto de Europa hai que baixar en Madrid.

Sí, xa sei o que me vades dicir, que é moito supor...