A ocasión histórica para o traslado de ENCE na Ría de Pontevedra quedou soterrada onte nunha ocasión sinxela que non lle costaría 1 euro (500 millóns de euros de inversión) ós cidadáns galegos. Morren trinta anos de ilusión que nos venderon os políticos cando estaban na oposición (¿“nacionalistas” de qué?), primeiro “peche xa”, despois “traslado xa” ¿e agora qué?, ¿onde están os defensores da Ría, os ecoloxistas, os mariscadores da Ría, as asociacións veciñais? O PSOE, testigo de pedra. Faltan dúas lexislaturas ata o 2018 que se acaso cambiarán o mapa político, ¿quen non se vai creer que pode producirse a prórroga da concesión? Hoxe, Pontevedra durme un sono inexistente.