20 de diciembre de 2008
20.12.2008

O timo da Zona Azul

José Núñez López
Vigo

20.12.2008 | 01:00

A estas alturas, logo de varios anos desque o Concello de Vigo - dende a esquerda e dende a dereita- privatizara as rúas de todos e de todas en forma da chamada "zona azul", é de dominio público que esa regulamentación do aparcamento non sirve para nada. Excepto para amolar e exprimir os petos da cidadanía. Descoñezo se o alcalde tentou algunha vez estacionar polas rúas da cidade e se algunha vez perdeu o tempo e a paciencia buscando un imposíbel por Vigo adiante. Con XER -que é a ORA da nova empresa beneficiaria da explotación dos bens comúns-, ou sen XER.O aparcamento regulado é un timo en todos os aspectos, non soluciona a carencia de lugares para deixar os coches e,asemade,a súa ordenanza está feita para dotar de atrancos aos homes e mulleres que só queren ir traballar,mercar,pasear ou descansar ás súas casas.E digo ás súas casas porque o Concello empéñase en facer a vida difícil a quen tenta obter,por exemplo,un distintivo de residente. Cando eu o pedín logo da chegada da nova adxudicataria (coa anterior sempre mo deron), denegáronmo por non ter o meu enderezo actual no DNI, cando é ben doado saber onde vivo polo censo municipal, e cambiar o DNI xa sabemos o que supón. Ou é que a documentación do Concello non serve de nada?, porque as multas ben que chegan a casa! Cando volvín a presentar a documentación, desta vez co pasaporte (pois o papeliño da empresa dicía que tamén valía), que é un documento oficial sen enderezo, nunca recibín resposta; nin da empresa, nin do requerimento que presentei na lonxa do Concello dirixido a Xulio Calviño, azote dos condutores e condutoras. Digo eu que para ser "residente" debería bastar con que demostres que o coche é teu e que vives nese lugar.Vaia, que eres cidadán de Vigo. O resto, xa o dixen, son atrancos movidos por intereses recadatorios. E un apuntamento final. Ninguén que teña un coche de empresa, que hai moitos e moitas,pode obter nunca a residencia por non levar a documentación do vehículo o seu enderezo,malia que a empresa certifique que é para uso dunha determinada persoa. Outra demostración máis de que a XER non está para facilitar a vida da cidadanía, senón para recadar cunha cínica privatización do que debería ser de libre uso para todos e todas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine