19 de diciembre de 2008
19.12.2008

¿A quen defenden os sindicatos na Administración?

Mercedes Belzunce Segarra
Vigo

19.12.2008 | 01:00

Aos traballadores desde logo que non... Probablemente a xente que xa peinamos canas temos unha idea dos sindicatos que non ten nada que ver coa "amalgama"que negocia os nosos intereses, pero ¿por que?,¿por que os nosos representantes venden os intereses dos traballadores?,¿a cambio de que?.. Somos un colectivo que accedimos á administración hai casi vinte anos mediante un concursooposición, pasamos por muitas cuitas,xuizos,un plan do emprego do I.N.E.M. aprobado por resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública o 19/06/1995 (B.O.E. 149) "...a súa incorporación á función pública da Comunidade Autónoma de Galicia realizarase nos termos que resulten da súa execución ... (personal indefinido no fijo en plaza a extinguir)", resolución 9ª bis do 4º Convenio Colectivo... Cando xa conseguimos certa estabilidade atopánomos cos representantes sindicais (U.X.T., C.C.O.O.,C.I.G., C.S.I.F.) que firman as nosas prazas vacantes para un concurso nun, paradoxicamente chamado,"acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da administración da Xunta de Galicia,incumplindo, incluso, os acordos admón-sindicatos e poñendo os nosos postos na corda frouxa. Pensamos que nos sindicatos terá que haber algunha directriz para que, en ningún caso, se lesionen os dereitos xa adquiridos polos traballadores ¿ou non? ¿Son estos señores os que falan na radio e na T.V.de precariedade laboral? ¿A quen defenden? ¿Non se entera a cúpula do sindicato do que firman determiandas persoas? ¿Por que noutras Comunidades Autónomas teñen o problema resolto dende hai anos? ¿Qué que da o mesmo patronal-sindicato ou sindicato-patronal? ¿A quen representan? ocúrrensenos tantas preguntas... e tantas respostas...Que pena que a loita de tantos e tantos sindicalistas polos dereitos dos traballadores quede estéril pola mala xestión duns poucos,a verdá é unha pena.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine