Primeiro quero aclarar a confusión que moitos teñen.Budiño hai dous.Aquí coñécense por Budiño de Arriba e o de Abaixo,como nome de parroquia S. Salvador de Budiño e S. Estevo de Budiño,un perteñece ao concello de O Porriño e o outro ao de Salceda.A verdade que non é fácil entender dous Budiños,que extreman entre sí,os dous ubicados no val do Louriña, compartindo a Lagoa das Gándaras e o barrio de Cerquido, entre outras cousas,e que perteñezan a distintos concellos. Santo Estevo de Budiño é a parroquia de Salceda mellor ubicada xeograficamente,cruzada pola estrada Vigo-Portugal (a vella) e a autovía, o lado da autopista, soamente a 6 kilómetros de Tui e a 7 kilómetros de O Porriño,coa zoa industrial e pegada aos polígonos das Gándaras e a Granxa. Con todas estas vantaxes e con un mínimo de inversión tiña que ser unha parroquia destacada.Pois, todo o contrario.É a máis atrasada dada a marxinación que sufriu durante o mandato do ex-alcalde (J.M. Fernández), xa que cada ano era donde menos invertía,e o pouco que fixo foi a base de presión social. As obras importantes como a traída de augas, centro cultural, pista deportiva, parques, etcétera, foron executadas e pagadas polos veciños.Os servicios como electricidade, teléfono, paso inferior de Renfe, etcétera, foron por xestións ou presión veciñal, e a zoa industrial do Cerquido implantouse con todos os inconvintes polos mesmos empresarios. Os gobernantes demostraron a súa incompetencia en toda Salceda, onde edificouse de forma salvaxe e en moitos casos ilegalmente, facendo un pobo incómodo e un rural sen futuro.Pero enriba,nosa parroquia era menospreciada a facer oídos xordos as demandas veciñais,como pasou ca vella reivindicación da AVV Río Tinto na que solicitaba unha estrada para facer vida social e comercial no pobo (Esfarrapada),e hoxe seguimos co mesmo camiño de carro e temos que facer vida en Tui ou Porriño. Ademais,o ex alcalde burlábase dos veciños ao prometer nos mítines de todas as eleccións,que expropiaría os terreos do funil da Lomba (o ensanche fíxose cando perdeu a alcaldía),que provocou que nosos fillos sufriran durante moitos anos o ter que camiñar para coller o bus escolar.A mesma burla fixo ser Budiño a única parroquia acollida ó saneamento do río Louro,e gracias a iso o ex alcalde aproveitou para meter a Salceda. Según a prensa,a planta entrará en funcionamento en xaneiro,e Budiño non ten un só tubo posto. A marxinación a que foi sometido Budiño durante estes anos pola falta de inversión produciu unha débeda, que nós a declaramos histórica pola cantidade de anos, e así foi recoñecida polo propio Marcos Besada (hoxe alcalde) no mitin das eleccións, a manifestar que Budiño foi marxinado a ser a parroquia na que menos invertiron, pero eu teño confianza neste novo goberno e espero que actúe con xustiza a facer as inversións,e que amorticen a débeda histórica para que Budiño recupere o perdido. Os veciños somos conscientes de que o concello non quedou en boas condicións económicas, e que debemos ser pacientes e esperar, pero se despois dun tempo razoable seguen ca mesma política de marxinación, non nos deixan outro camiño que solicitar a “independencia”para poder anexionarnos a O Porriño ou Tui,que de xeito forzado é donde hoxe facemos a vida a maioría. Non sei si esto é o mellor para Salceda, pero seguro que Budiño e os seus veciños ganaríamos.