O Parlamento de Galicia aprobou o pasado día 25 de novembro unha Lei sobre o Desenvolvemento Comarcal que provoca unha auténtica barbaridade nunca vista: persoal da Sociedade Anónima Comarcal sen ningún tipo de oposición intégrase en entes públicos da Xunta e, a súa vez, por capricho de algún membro do Goberno, outro persoal con oposición cumprindo todos os requisitos que se esixen para o acceso ao emprego público non ten garantido o seu posto de traballo, éste é o caso dos traballadores das Fundacións Públicas Comarcais da Consellería do Medio Rural.Non existe precedente disto, posto que a Sociedade e as Fundacións son entes públicos da Xunta exactamente iguais e o trato aos traballadores totalmente oposto.