02 de noviembre de 2008
02.11.2008

Grazas por existir

02.11.2008 | 01:00

Luis Lobato García. Traballador de ENSA - Vigo

Son novo, máis xa levo moitos anos traballando, estou a ver como cada día os traballadores temos menos dereitos, pero hai un colectivo de traballadores que aínda teñen menos dereitos cos demáis.
Teño coñecido grandes compañeiros que amosaron ser grandes traballadores, e traballadores comprometidos coa súa empresa, pois do futuro desta dependía o seu, ou iso crían eles; son xente en moitos casos discriminados ou mesmo perseguidos polo simple feito de pensar diferente, e até nalgún caso por falar a súa lingua materna.
Son os nacionalistas galegos, os que admiro e respeto polo súa coherencia e dignidade na defensa dun país como eles lle chaman.
Grazas a eles hoxendía os galegos ábrensenos máis portas dentro de Galicia. Eu traballo nunha empresa pegada ao polígono da Pasaxe en Vincios(Gondomar), este polígono levaba 40 anos morto de risa e esquecido da man de Deus. O PP contou con maiorías absolutas no goberno galego, na Deputación de Pontevedra, e mesmo na Xunta de Galicia durante máis de duas décadas e non fixeron nada de nada; chegou o BNG a alcaldía de Gondomar e en minoría e en situación precaria (non teñen nin unha soa adicación excluxiva) puxeron as ferramentas necesarias para por andar este polígono. Estes días lin na prensa que a Consellería de Vivenda vai investir 10,8 millóns de euros no mesmo, para ordenalo e amplialo; e prevén creación de preto de 2.000 novos postos de traballo.
Os mesmos que son botados das empresas por pensar diferente, son os que miran polas empresas do país e polo futuro de todos nos.
Escribo estas letras para agradecervos todo o sacrificio que estades a facer, e amosarvos o meu máis sinceiro agradecimento, estou seguro que o meu pensar e o de muitos traballadores.
Grazas por existir, con vós temos futuro, sen vós estamos vendidos!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine