En resposta á carta do señor Sánchez Martín.

Quixera darlle a miña opinión sobre o contido da súa carta, por puntos:

Primeiro: Ignora por completo a situación do galego na comunidade. Comenta que co castelán lévanse as dúas ben ata que o Bloque entra no Goberno e empezou a impor o galego á forza, trabúcase totalmente xa que o único que fai e poder exercer o dereito constitucional de poder empregalo nas administracións públicas, cousa que aínda hai que mellorar moito.

Segundo: Imposición do idioma no ensino? Pero de que fala? Só se dan o cinco por cento das materias (e a veces segundo sexa o nivel académico adoita ser máis baixo) en galego. Que mínimo para os que utilizamos o galego.

Terceiro: escribo textualmente: "siempre he pensado que haciendole, la vida fácil a los demás, aunque no piensen como tú, es muestra de madurez, sin tener que convertirnos en salvapatrias de nada". Pois aplíquese o conto vostede mesmo.

Cuarto: Obligar ó comercio a rotular en galego como fan os cataláns co seu idioma, empregando diñeiro público estaría ben, xa que no franquismo empregouse diñeiro público para ridiculizalo. O que o ferro mata, ó ferro morre.

Quinto: E mentira que se valore máis ós médicos por falar galego que pola súa personalidade, o idioma só é un requisito.

Pero parece que vostede valoraría a un matasáns calquera en tal que falara castelán.