22 de junio de 2008
22.06.2008

A pinza en Gondomar

22.06.2008 | 02:00

M.ª Eugenia Fernández Lijó - Peitieiros (Gondomar)

Nun Pleno abarrotado de veciños, puidemos observar atónitos como o PP, a dereita que en Gondomar está baixo o peso da xustiza por corruptelas, facíalle a pinza xunto co grupo municipal socialista ao goberno do BNG.
Que a dereita de Gondomar se dedique a votar contra as propostas que favorecen aos veciños é normal nesta opción política. Agora ben que os señores e señora do partido socialista fagan a pinza coa dereita aos gobernantes que realizan propostas sensatas para sacar adiante solucións aos problemas dos cidadáns, non é de recibo.
Como é posible que despois da "mensaxe de talante" que nos vendeu o señor Zapatero, actúen tan irresponsablemente estes personaxes? Como é posible que traicionando as normas máis elementais de democracia e ética política, traicionen aos veciños desta maneira, votando da man da dereita contra un goberno que só procuraba dar unha solución legal ao estancamento urbanístico que creou a propia dereita?
Aquí en Gondomar estase cocendo algo gordo que non ten nada que ver co talante dos socialistas.
Aquí estamos a ver como o pasteleo urbanístico pode producir máis corruptelas, porque esta actuación dos partidos da pinza trae agachadas actuacións que, se o señor Pablo Iglesias, fundador do PSOE, levantase cabeza tolearía ipso facto, de ver como actúan estes personaxes. O PSOE aquí está caendo no lixo.
A irresponsabilidade, a falta de talante democrático da dereita é algo tan vulgar e evidente que para saber como actúan de costas aos problemas veciñais non hai máis que observar os Mercados de Baiona ou Sabarís. Esas indecencias para os veciños, amosan o que lles interesan.
A dereita extrema que dominou sempre estes lares non sabe moito de dignidade e democracia, senón asistiría ás homenaxes dos asasinados polo terrorismo franquista da Volta dos Nove, do que non quere enterarse.
Agora ben que o PSOE de Gondomar amose ese mesmo desinterés polos problemas veciñais, desde a súa vagancia en política, desde a súa nula capacidade de diálogo, e desde esa coincidencia constante nos plenos coa dereita máis retrograda... fai que nos sintamos os veciños profundamente de-
samparados por estes partidos que fan que odiemos a política e sintamos repugnancia por todo o que pretenden cocer estes personaxes da pinza.
Resulta impresentable que estes concelleiros, pola aparente xogarreta política de facerlle a puñeta ao BNG que está gobernando, non teñan nin a intelixencia, nin pizca de talante democrático, nin a mínima responsabilidade, para darse de conta que a quen están perxudicando é a todos os veciños e veciñas de Gondomar. E aínda por riba queren ter máis plenos, como manifestaron en nota de prensa, porque parece ser que a estes personaxes o único que lles importa é cobrar. Iso si, dos veciños aos que non respectan en absoluto. Pois estes dixeron nas urnas quen non querían que gobernase.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine